CD DEZ PORTAS BAR KARLOS, CHEGOU A PRIMEIRA DERROTA.
O Dez Portas Bar Karlos, sumou esta fin de semana, a súa primeria derrota no que vai de competición na Segunda División Nacional de Tenis de Mesa, ao caer por 3-4, fronte a o terceiro clasificado, o Vilagarcía TM. Unha derrota que era previsible que se producira nalgún momento da temporada, pero que quizáis chega no peor momento, xa que agora, só aventaxa en dúas victorias ao Vilagarcía TM que é o terceiro clasificado, e nunha ao CTM Milagrosa, que ocupa a segunda posición e ao que se enfrontará dentro de 15 días, nun derbi local que promete ser apaixoante e pode ser que definitivo.