Actualidad

XORNADA REDONDA PARA

 XORNADA REDONDA PARA OS EQUIPOS DO DEZ PORTAS

Nesta xornada, os dous equipos pertencentes a ligas galegas do Dez Portas, conseguiron sendas victorias, nos seus desprazamentos á cidade da Coruña.

O Dez Portas Higiene a Miña, de 1ª división Galega, acadaba unha victoria moi necesaria, ante o Grumico por un marcador final de 1-4. Samuel, Dambert, Lucero e unha vez máis Samuel, poñían os puntos necesarios no marcador, para que os puntos viaxasen ata Lugo.

ARRANCA A PRIMEIRA

ARRANCA A PRIMEIRA DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA PARA O DEZ PORTAS BAR KARLOS.

Comezaba por fin esta fin de semana pasada, a competición para os equipos pertencentes a Primeira División Nacional Masculina, onde o Dez Portas, presenta ao seu recén ascendido Dez Portas Bar Karlos, defendido por Morufu Ahmed, Ramón Becerra, Pablo Fernández e Andrés Martín.

IDÉNTICOS RESULTADOS DOS DOUS EQUIPOS DO DEZ PORTAS

 Os dous equipos do Dez  Portas Tenis de mesa, que competiron na súas respectivas xornadas de liga, nesta fin de semana, acadaron idéntico resultado.

Abría a xornada o Dez Portas Caixa Rural de Terceira Galega, que se enfrontaba na xornada do sábado en Frigsa, ao Breogán Oleiros Kalamardos. Álvaro, Hugo e Jose Luis, conseguiron o seu cuarto empate do que vai de temporada, convertíndose así no equipo da categoría, que máis táboas firma nos seus encontros. Consegue deste xeito, una semana máis, manterse na metade da táboa.

DESPRAZAMENTO COMPLICADO A NARÓN PARA O DEZ PORTAS

Foi esta unha fin de semana complicada para os equipos do Dez Portas, que disputaban todos os seus partidos, contra diferentes equipos de terras naronesas. O sábado, comezaban os enfrontamentos en primeira galega, onde o Dez Portas Higiene a Miña, xogaba o primeiro encontro contra Autocares Varela e logo con Pena Lopesa. O Primeiro resolveuse cedo, cun claro marcador final de 4-0 para o equipo local. Manuel, Moncho e Boni, non puideron co xove e prometedor equipo naronés.

Páginas