Actualidad

O DEZ PORTAS NOS CAMPIONATOS GALEGOS

O DEZ PORTAS NOS CAMPIONATOS GALEGOS

Este pasado fin de semana, celebráronse en Pontevedra os campionatos galegos de Veteranos/as, onde o Dez Portas acadou importantes resultados.

Na categoría Veteranos de 60, Máximo Dugo subía ao podio como semifinalista e conseguía o primeiro trofeo do día.

Mentres, Ramón Becerra conseguía o subcampionato na súa categoría, Veteranos de 40, e pechaba así unha exitosa xornada, que tamén contou coa representación de Jose Ramón García e Jose Miguel López.

O DEZ PORTAS CELEBROU O SEU IV TORNEO LVCUS DE TENIS DE MESA, CUN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN

O DEZ PORTAS CELEBROU O SEU IV TORNEO LVCUS DE TENIS DE MESA, CUN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN

O pasado día 17 de Maio, tivo lugar na Casa do Deporte de Lugo, o IV TORNEO LVCUS DE TENIS DE MESA, organizado polo clube local Dez Portas TM. O Torneo, foi un éxito de participación, reunindo a un total de 101 deportistas, chegados de diversos puntos da comunidade, así como xogadores e xogadoras que chegaron de terras Asturianas e incluso un xogador procedente de Vilanova da Cerveira (Portugal).

Páginas